A Ágora do Aletófilo

A Ágora do Aletófilo

Paperback (01 Jul 2021) | Galician

  • $11.49
Add to basket

Includes delivery to the United States

10+ copies available online - Usually dispatched within 7 days

Publisher's Synopsis

Baixo o título a Ágora do aletófilo recompílanse un feixe de artigos que foron aparecendo nos xornais Praza.com ou no suplemento A Comarca do Morrazo que edita o Diario de Pontevedra. Ademais inclúe outros documentos que polo seu interese tamén foron recollidos neste volume. Son textos do máis variado pero que tamén poden ser de interese ou cando menos curiosos para o lector. Atoparán os lectores un discurso pronunciado na primeira edición do Día da Muller Traballadora organizado polo CIM do Concello de Bueu, dúas conferencias, un artigo publicado na Voz de Galicia co gallo da publicación da obra Grupo Abeliano na Biblioteca Galega 120 e o texto que foi premiado no Certame organizado polo Concello de Bueu co gallo do Entroido de 2004 e finalmente o texto editado polo Concello de Bueu co gallo da celebración do Premio Blanco Amor no concello morracense. Para os que se sigan preguntando por que este título, a resposta é doada porque a Ágora era o espazo da sociedade grega para o debate e que mellor que este para espertar as conciencias dos letores e o aletófilo é un termo acuñado por Martiño Sarmiento que significa persoa preocupada polo estudo da súa terra e neles trato de transmitir as miñas inquedanzas e visión persoal sobre temas e acontecementos do momento. Así pois esta recompilación de textos poden ser un bo comezo para reflexionar sobre acontecementos sucedidos tanto a nivel local como máis alá das fronteiras do Morrazo. Non buscan en ningún momento convencer nin impoñer unha idea máis ben invitar case dez anos despois da súa publicación sobre aconteceres que algúns aínda seguen de actualidade e outros que non estando poder ser un bo exercicio lembralos.

Book information

ISBN: 9798501086050
Publisher: Amazon Digital Services LLC - Kdp
Imprint: Independently Published
Pub date:
Language: Galician
Number of pages: 148
Weight: 227g
Height: 229mm
Width: 152mm
Spine width: 9mm